domingo, 19 de julho de 2009

A PROPÓSITO DA EXPOSIÇÃO ANTOLÓGICA


A necesidade dun amplo recoñecemento fai máis que xustificada unha exposition Antolóxica. Numerosos foron os autores que encheron as parades do centro cultural Torrente Ballester, pero a visión da arte que desde a Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol, estaría incompleta se non incluisemos a un dos máis destacados representantes da nosa pintura. José González Collado é por si mesmo merecente dun dilatado espazo na Historia da Arte.
Este ferrolan, do cal debemos estar fachendosos, constitue de por si un dos cumios da pintura actual. A sua traxectoria avala un proceso evolutivo cheo de inquedanzas, de preocupacions pola indagación na esencia da pintura que o levan a remexer nas entrañas das vangardas históricas. É patente a sua admiración por Marcel Duchamp e a tan celebrada ''A Fonte'' datada en 1917, un autor que rompeu desde o comezo calquera vencello a todo grupo artístico ou tendencia, chegando a fulminar a idea de obra de arte e do creador, sacralizados coas súas creacions rápidas. A vía para unha nova estética e novas inquedanzas intelectuais fora aberta a golpe de forza subversiva. Pero baixo os xestos escandalosos sempre latexa o sentido erótico e un sutil interese por aqueles feitos que escapan ao sentido común e á observación científica, o infraleve. Outra das suas grandes influencias foi Picasso. Desde que no 1907 pinta as ''Las demoiselles d'Avignon'', e comeza a sua epoca Cubista conformando con Georges Braque o que se denominaria a ''revolución cubista".
Xunto a estas influencias destaca a presenza do home do que foi discípulo directo: Felipe Bello Piñeiro, do que aprendeu a amar a pintura e a buscar máis aló do immediato, a extraer a esenza das cousas.
Todo isto xunguido coa súa dilatada traxectoria xustifica algo que, de por si non necesita máis xustificación que o obxecto mesmo desta mostra antolóxica: a pintura de González Collado.
Jose M. Couce Fraguela
Concelleiro de Cultura

Nenhum comentário:

Postar um comentário