segunda-feira, 10 de agosto de 2009

ARTE NA PROVÍNCIA

A Deputación da Coruña leva a mostra Arte na Provincia ao Concello de As Pontes ata o 30 de xullo
A deputada provincial Montserrat García e os artistas Soledad Penalta e José González Collado foron os encargados de abrir ao público esta exposiciónO Concello de As Pontes conta, dende a tarde de onte, cunha nova oferta cultural. Trátase da mostra Arte na Provincia, organizada pola Deputación da Coruña, e que onte era inaugurada da man da deputada provincial e concelleira pontesa, Montserrat García, ante a presenza de diferentes representantes do tecido asociativo local.Na súa intervención a edil, que contou coa compaña dos artistas Soledad Penalta e José González Collado, explicou que a mostra chega á sala de exposicións do Mercado Vello tralas peticións realizadas dende a administración local e é que esta colección de pinturas e esculturas está a ser moi demandada polos diferentes concellos coruñeses ao concentrar obras de ata 16 artistas da provincia, da calidade de Isaac Díaz Pardo, Felipe Criado ou Siro López.Montserrat García tamén quixo agradecer a colaboura prestada polo goberno provincial á hora de achegar mostras de gran calidade, coma a que onte abría as súas portas, a tódolos concellos coruñeses, realizando un gran esforzo por dinamizar a vida cultural na provincia. Asemade, a edil anunciou que o vindeiro sábado, 18 de xullo, se realizarán visitas guiadas dende as 18.00 horas e aproveitou a ocasión para desexar unhas felices festas a tódolos veciños e veciñas do municipio de As Pontes e a todos aqueles que opten por pasar estes días no concello e desfrutar do amplo programa de actividades preparado para as vindeiras xornadas de festa.Gerardo Porto, Luis Caruncho, Urbano Lugrís Vadillo, Alfonso Costa ou Elena Gago forman tamén parte da exposición que onte se abría ao público e que conta cun total de 14 obras pictóricas e dúas esculturas nas que se mesturan diferentes técnicas coma o óleo, o ferro soldado, a acuarela, as témperas, a fibra de vidro ou o poliéster.

Nenhum comentário:

Postar um comentário